Inicio » Cinema »

Johnny Depp en Piratas do Caribe 4

 

Johnny DeppA Walt Disney anunciou hoxe, nunha rolda de prensa no Kodak Theatre de Los Angeles, que Johnny Depp aceitou voltar a interpretar a Jack Sparrow nunha cuarta entrega de Piratas do Caribe. O mesmo actor apareceu na conferéncia de prensa para confirmar a sua participación, e fixo-o vestido como o capitán Sparrow.

A triloxía, que se iniciou en 2003 con A maldición da pérola negra, recadou só nos cinemas mais de 1.800 millóns de euros, situando-se como unha das sagas mais rendíbeis da história do cinema.

Ainda se descoñecen mais detalles, pero o seguinte moi probabelmente será negociar co director dos tres filmes, Gore Verbinski, e con Orlando Bloom e Keira Knightley para que volten retomar os seus roles xunto ao capitán Sparrow.

Ademais, a Disney tamén informou que Depp estará noutros dous proxectos da compañía: confirma-se que será o Sombrereiro Tolo no filme de animación Alice in Wonderland, unha revisitación do clásico de Lewis Carroll que prepara Tim Burton. Realizará-se en 3D e mediante unha técnica moi semellante á de Beowulf. A sua estrea prevé-se en 2010.

Tamén participará noutra longametraxe que planea Jerry Bruckheimer, o produtor da série Piratas do Caribe. Trata-se dunha adaptación de The Lone Ranger: o personaxe criado por George W. Trendle foi un serial radiofónico moi popular nos Estados Unidos desde o seu primeiro capítulo de emisón, en 1933, e despois triunfaría como espectáculo televisivo durante a década dos 50.

O Lone Ranger inspirou numerosos cómics e tamén algun filme, de escasa repercusión, coma The Legend of Lone Ranger (1981).

Concretamente, Johnny Depp encarnaría ao personaxe de Tonto (chamado Toro en España), o índio que é o amigo mais fiel do heroe protagonista, un xusticeiro enmascarado após do que se agocha o Ranger de Texas John Ride. Ainda non hai actor elixido para este papel.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário