Inicio » Libros »

Del Toro escribe novelas de vampiros

 

Guillermo del ToroO director de O Labirinto de Pan Guillermo del Toro está a colaborar co escritor de novelas de crimes Chuck Hogan nunha nova triloxía de novelas de vampiros, que dará comenzo o vindeiro verán coa primeira entrega, titulada The Strain.

«A ideia é épica en alcance«, dixo del Toro nunha declaración que fixo pública o mércores o editor William Morrow, que traballa na HarperCollins. «A triloxía avanza de xeitos inesperados e cada libro contén revelacióbns únicas e abraiantes sobre a história, a fisioloxía e o saber da raza vampírica, trazando as súas raíces de volta até as orixes no Antigo Testamento«.

Del Toro, de 43 anos, e entre cuxos filmes están os dous de Hellboy, Mimic e mais O espiñazo do diaño, é coñecido sobre todo por O Labirinto de Pan, unha visión surrealista da Guerra Civil Española que foi estreada en 2006 e que gañou tres Oscars, á maquillaxe, á dirección artística e á cinematografía.

Entre as novelas de Hogan atópan-se The Blood Artists, The Killing Moon e Prince of Thieves, que está a se adaptar ao cinema protagonizada e dirixida por Ben Affleck.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário