Haberá Segunda Guerra Mundial Zombi

856

O filme épico de zombis dirixido por Marc Forster World War Z fíxo-se cunha impresionante recadación de 112 millóns de dólares en todo o mundo na pasada fin de semana, que foi a do seu debut.

Esta é a mairo recadación da história dun filme que non sexa de debuxos animados dende Avatar, por non menionar que é o récord absoluto na carreira de Brad Pitt, o protagonista da longametraxe.

O filme, planeado orixinalmente coma unha triloxía que adaptará ao cinema a novela homónima de Max Brooks, pasou por moitos apuros durante a súa rodaxe e moitos planos tiveron que ser filmados novamente.

Agora, o presidente da Paramount, Rob Moore, confirmou que os estudos están xa a traballar activamente para facer mais entregas, revivindo os plans orixinais dunha triloxía que tiveron que agardar até agora.

Pitt axudou moito coa promoción do filme, aparecendo por sorpresa en moitas cidades do mundo coma simple espectador, dende pequenas vilas suburbanas dos Estados Unidos, até Moscova ou Sydney.