Steven Gould escribe as novelas de Avatar

1160

O realizador James Cameron ven de contratar ao famoso escritor de ciéncia-ficción Steven Charles Gould (Jumper) para que escriba catro novelas independentes baseadas no seu filme de 2009 Avatar e mais as histórias das vindeiras tres secuelas.

Cameron comentou que “Steven Gould é unha das luces mais brillantes na ciéncia-ficción contemporánea, e eu admitro dende hai moito os mundos e persoaxes que creou nos seus libros e contos. Temos moita sorte de ter a Steven e ao seu foridábel talento no universo de Avatar. Xa está a traballar arreo comigo e cos guionistas para expandir o mundo de Avatar“.

Ainda que Gould ten sona sobre todo pola súa novela Jumper, de 1992, que a Twentieth Century Fox e mais a New Regency converteron nunha película en 2008, tamén foi aclamado polos seus contos, entre os que está Rory, nominado aos prémios Hugo, e mais a novela curta Peaches for Mad Molly, que foi precandidata aos Nebula. Entre as súas outras novelas están Wildside, Reflex (secuela de Jumper), 7th Sigma e Impulse. Actualmente é o presidente da Science Fiction Writers of America.

Kathy Franklin, presidenta do departamento de desenvolvemento de franquías da Lightstorm Entertainment, dixo: “As noevlas son só un exemplo do noso compromiso cos cand para ampliar o mundo de Avatar, neste caso de acordo coa Twentieth Century Fox“.

Cameron está tamén a escribir os guións das tres vindeiras secuelas de Avatar xunto cos escritores Josh Friedman (War of the Worlds), Rick Jaffa e Amanda Silver (Rise of the Planets of the Apes) e Shane Salerno (Savages, Salinger).

As secuelas serán filmadas conxuntamente e a produción escomezará o ano que ven. O lanzamento da primeira secuela será en decembro de 2016, a segunda en 2017 e a terceira un ano despois.