Nova versión do doutor Moreau

1073

A Warner Bros. Pictures e mais a Appian Way van-se asociair para lanzar unha nova versión ambientada na actualidade do clásico libro de H.G. Wells The Island Of Dr. Moreau, publicado en 1896.

A novela orixinal vai sobre o sobrevivinte dun naufráxio que chega a unha illa perdida, onde atopa ao doutor Moreau, un médico eminente pero desacreditado, que mediante técnicas de vivisección está a crear animais semellantes aos humanos.

Os guionistas de Hemlock Grove, Lee Shipman e Brian McGreevy, foron contrtados para poñer ao día esta obra clásica, que será presentada coma un filme de ciéncia-ficción cunha mensaxe ecoloxista.

Leonardo DiCaprio, Jennifer Davisson Killoran e Michael Connolly serán os produtores.

A novela xa foi adaptada ao cinema alomenos en tres ocasións, a mais recente foi a versión de 1996 protagonizada por Marlon Brando e Val Kilmer e que recebiu unhas pésimas críticas.