Inicio » Cinema »

Lucas planea a quinta de Indiana Jones

 

Indiana JonesA ideia sobre unha quinta película baseada no persoaxe de Indiana Jones xa ronda a cabeza de George Lucas, de cuxo enxeño naceron todas as fitas do popular arqueólogo, segundo revelou hoxe Harrison Ford, o protagonista da saga.

«É unha loucura, pero é xenial«, dixo Ford, de 66 anos. «George atópa-se no modo pensativo agora mesmo«.

A cuarta película da franquía, Indiana Jones e o reino da caveira de cristal, estreada o 22 de maio nos Estados Unidos, recadou uns 770 millóns de dólares nos cinemas de todo o mundo.

«É algo automático, de verdade, fixémo-lo ben coa última e ao ser unha experiéncia positiva non é abraiante que algunhas persoas queiran volver face-lo«, explicou o actor.

O intérprete, nombergantes, non quixo especificar a quen se lle ocurriu a ideia de volver rodar un filme máis da saga, se a el mesmo, a Lucas ou ao director Steven Spielberg, que foi o realizador das catro fitas rodadas até de agora sobre ese persoaxe.

«(A ideia) ven da mesma natureza das cousas (…), por suposto o éxito ofrece oportunidades…«, comentou Ford.

Nombergantes, o actor non quere saber ren dun posíbel Indiana Jones en debuxos animados, camiño que recentemente tomou a saga da Guerra das Galáxias, tamén creada por Lucas.

«Non estou filosóficamente en contra de facer papeis animados, pero non con Indiana Jones«, asegurou. «Odiaría ve-lo reducido dese xeito a partir das películas que fixemos e a maneira na que as fixemos«.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário