Norrington contra os Titáns
Steve Norrington dirixirá Clash of the Titans, un remake de Fúria de Titáns, a aventura mítica do ano 1981 que é relembrada entre os fans sobre todo polos seus daquela estupendos efectos especiais, que correran a cargo de Ray Harryhausen.
A Warner Brothers e mais a Legendary serán as compañías produtoras deste filme, que comezará a se rodar o ano que ven.
Basil Iwanyk producirá a través da súa compñaía Thunder Road. E no seu primeiro filme dende O Império Contraataca, Lawrence Kasdan reescribirá o guión que esbozara Travis Beacham.
Norrington non dirixía ningún filme dende que en 2003 realizou A Liga dos Homes Extraordinários.












0 Comentários
Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.