Poderá fumar Constantine?

965

Os fans están a se preguntar como de fiel ao orixinal será Constantine, a nova série da NBC que adaptará paraa televisión o famoso cómic Hellblazer. E ainda que a acción na série desenvolverá-se nos Estados Unidos, o persoaxe nos cómics é inglés, e de feito vai ser interpretado por un súbdito da raíña: o galés Matt Ryan.

Por suposto, un dos riscos distintivos do persoaxe de John Constantine é estar sempre rodeado dunha densa nube de fume de tabaco, algo considerado coma un completo e total “non” na televisión nos nosos días. Nunha entrevista co sítio Web I Am Rogue, o produtor executivo David S. Goyer recoñeceu que están a loitar para poderen mater iso:

É algo moi complicado nunha cadea de televisión. Estamos negociándo-o agora mesmo. Constantine terá o seu característico abrigo e a súa garavata enrugada. Eu diría que o programa vai ser mais fiel á fonte orixinal có filme de 2005. Mesmo ainda que aquel filme foi interesante“.

Goyer di que vai ser unha série con moitos efectos especiais, confirmou que o protagonista será loiro e que só haberá catro persoaxes fixos. Ademáis, se consiguen facer unha tempada completa, teríamos a oportunidade de ver a aparición doutros persoaxes da DC Comics, coma Zatanna, Madame Xanadu, Nergal, Rosacarnis e a Cousa do Pantano.