Shannara, na MTV

825

A canle MTV ven de lle dar a luz verde oficial a unha nova série de dez episódios que adaptarán á pequena pantalla Shannara, a saga de novelas fantásticas de Terry Brooks.

A série leva xa escritas mais de dúas dúcias de libros, ambientados vários milénios despois da destrución da nosa civilización. Os descendentes da família Shannara están dotados de poderes máxicos e están a mudar o futuro do mundo unha e outra vez.

Os produtores planean basear a primeira tempada no segundo tomo da saga, The Elfstones Of Shannara. O proxecto foi anunciado primeiramente para se desenvolver a finais do ano pasado e daquela Jon Favreau ía ser o director, contando cos guións de Al Gough e Miles Millar (os creadores de Smallville).

Ainda que por fin o proxecto sairá adiante, Favreau xa non será o director por mor de conflitos coa súa axenda de traballo. No seu lugar, o director de Teenage Mutant Ninja Turtles, Jonathan Liebesman, chegará para se encargar dos dous primeiros episódios e de ser o produtor executivo.

Favreau ficará a bordo do proxecto coma produtor executivo xunto a Gough, Miller, Brooks e Dan Farah.