Y: The Last Man está morto de novo

967

A longa xestación para preparar a versión cinematográfica do cómic de Brian K. Vaughan Y: The Last Man semella estar, unha vez mais, morta. Pero esta vez definitivamente.

Nas últimas novas, o realizador Dan Trachtenberg fora o elixido para levar esta obra á pantalla grande, pero iso foi o ano pasado. Despois, non aconteceu ren mais, até o sábado, cando Trachtenberg confirmou nunha entrevista que a versión para o cinema está morta e que os dereitos revertiron a Brian K. Vaughan e mais a Pia Guerra hai xa moitos meses.

Estou estaba encantado de facer un filme de aventuras, con espadachíns, que fora alegre e divertido pero tivera algo que dicir, o que é característico de Brian. Con xente real, auténtica e honrada entre o grande e divertido equipo de acción. Eramos moi fieis ao cómic, ainda que algúns persoaxes foran combinados e algúns acontecementos reordeados e algúns breves intres de acción extraídos para crear maiores secuéncias de acción e aventura.

Ao final, traballar con todos os produtores e guionistas foi unha grande experiéncia. E chegar a coñecer a Brian, quen é unha grande inspiración para min ao longo dos últimso anos, foi incríbel. É unha grande persoa e un escritor. E agora Y the Last Man volveu onde ten que estar, co seu creador. Non estou seguro de que Brian queira volver facer ren con el e non estou seguro de que precise face-lo“.