Sean Bean, detective en Frankenstein

979

O actor inglés Sean Bean (Percy Jackson & the Olympians: The Lightning Thief, Jupiter Ascending) será o protagonista da vindeira série de televisión de seis episódios The Frankenstein Chronicles que producirán a Rainmark Films e mais a canle ITV. A história será unha nova versión da clásica novela de terror de Mary Shelley coma un mistério detectivesco de época.

Ambientada en Londres en 1827, Bean fará o papel do inspector de policía John Marlott, quen fai un abraiante descobremento sobre un cadáver que aparece na beira do río Támesis, o cadáver dunha persoa composta con partes doutros cadáveres mutilados.

Marlott é encargado polo departamento de interior para rastrexar ao criminal responsábel deste espantoso asasinato. As súas investigacións lévan-o aos recunchos mais sinistros do periodo da Rexenza en Londres, con prostitución, contrabando de drogas, roubo de cadáveres, asasinatos por encargo e finalmente algo ainda moito mais terrorífico do que se podía imaxinar.

O director e guionista Benjamin Ross (RKO 281, The Young Poisoner’s Handbook) e mais o guionista Barry Langford (Torte Bluma) serán os máximos responsábeis deste proxecto, que será o primeiro da nova canle de suscripción inglesa Encore, propiedade da ITV.

David Tanner e mais Carol Moorhead serán os produtores, mentres ca Tracey Scoffield e Frank Doelger (o de Game Of Thrones) serán os produtores executivos. A rodaxe comezará en Iralanda do Norde en xaneiro.