Inicio » Fans »

Salón do manga… por ombreiro

 

Logo de XuvenáliaSeica o Salón do Manga de Vigo, que tiña prevista a súa celebración do 26 ao 28 de decembro, non vai ter lugar, ou alomenos non nas datas que nun princípio se anunciaran.

A Asociación Xuvenil-Cultural Ippon, que segundo se informara nun primeiro intre, estaba atrás da organización, explica nun comunicado que teñen posto na súa páxina Web as razóns polas que se cancelou o acontecemento, afirmando que non teñen ren que ver co «suposto Salón do Manga de Vigo«, ainda que «certamente si houbo un contacto coa empresa responsábel«.

Segundo o comunicado, hai un mes e médio, a empresa que xestiona o proxecto púxo-se en contacto coa Asociación Ippon para que trasladara os seus Encontros dentro do marco de actividades de Xuvenália. Perante esta oportunidade, a xunta directiva da Asociación aprobou tomar parte no devandito proxecto.

O problema chegou cando a empresa comunicou que non contaba co apoio económico abondo para a actividade, que non contaban cos permisos da Autoridade Portuária e que non chegaran as subvencións, polo que a Asociación considerou lóxicamente imposíbel a realización do evento.

Dende Ippon prometen publicar en datas vindeiras máis información sobre o que acontecerá cos IX Encontros, e aos sócios se lles convocará a unha asemblea extraordinária que terá lugar antes de rematar o ano.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário