Anne Hathaway e Vigalondo, colosáis

841

Anne Hathaway é a nova incorporación ao reparto de Colossal, a nova película do director de Cronocrímenes, o realizador español Nacho Vigalondo para a Voltage Pictures.

Hathaway fará de Gloria, unha rapaza normal que perde o seu traballo e mais ao seu mozo e decide deixar a súa vida en New York para se mudar de volta á súa vila natal.

Pero cando lle cheguen as novas de que un lagarto xigante está a destruír a cidade de Tóquio, Gloria irá decatándo-se de que ela está estrañamente conectada a eses lonxanos acontecementos polo poder da súa mente.

Tentando evitar mais destrución, Gloria necesita determinar por que a súa seica insignificante existéncia ten ese colosal efecto sobre o destino do mundo.

O proxecto está agora a se vender ao millor postor no festival de Cannes. Nunha declaración, Vigalondo dixo: “Colossal é o meu guión mais ambicioso até agora, e probábelmente tamén os mais persoal. Ter a Anne e mais á sua marabillosa equipa excede as miñas expectativas mais tolas“.