A Dreamworks adaptará o micromundo

1082

A DreamWorks Studios ven de se facer cos dereitos para levar ao cinema a novela póstuma do defunto autor de Jurassic Park, Michael Crichton. A obra, titulada Micro, é un thriller de alto concepto de ciéncia-ficción.

O libro foi a derradeira obra de Crichton, que a deixou inconclusa ao finar. O autor de The Hot Zone, Richard Preston, chegou daquela e completou o traballo a partir das notas de Crichton. A novela foi asemade publicada en 2011.

A história vai sobre un grupo de estudantes que están a investigar a seguinte nova xeración de fármacos Son atraídos a Hawaii para traballaren para unha misteriosa compañía biotecnolóxica e acaban miniaturizados e expulsados no bosque tropical, onde non terán nada mais cá súa intelixéncia para protexeren-se.

Frank Marshall será o produtor.