O Exército de Dous

639
Army of Two
Army of Two

A Universal Pictures ven de se facer cos dereitos cinematográficos sobre o videoxogo da Electronic Arts Army of Two.

Con mais dun millón de cópias vendidas dende que apareceu en marzo, o videoxogo é unha competición na que unha parella de mercenários deben loitar contra una rede de intrigas.

O coguionista de O ultimato de Bourne, Scott Z. Burns, será o encargado de adaptar este xogo para o cinema, e contará con pouco tempo para face-lo porque a intención dos estudos é poñer o proxecto na vía rápida e escomezar a produción en 2009.

Scott Stuber será o produtor xunto á mesma Electronic Arts, o que suporá a primeira vez que a famosa compañía de videoxogos se ve envolta nunha produción cinematográfica.