Inicio » Cinema »

Favreau e Downey nos Vingadores

 
Robert Downey Jr.

Robert Downey Jr.

Cun anúncio oficial á prensa ven-se de confirmar que Robert Downey Jr. asinou un contrato por catro filmes coa Marvel Studios que inclúe retroactivamente o primeiro Iron Man, dúas secuelas do mesmo, e ademais a longametraxe sobre Os Vingadores.

Como xa se anunciara anteriormente, Jon Favreau será o director de Iron Man 2, pero só será o produtor executivo nos Vingadores, no que tamén estará como protagonista Don Cheadle no papel de Jim Rhodes, o que interpretara Terrence Howard na primeira parte de Iron Man e que Cheadle fará na segunda.

Downey e Cheadle son as primeiras estrelas que asinan en Os Vingadores, o grupo de super-heroes formado por Iron Man, o Capitán América, Hulk, Wasp, Giant Man, Hawkeye e Thor. Non está claro se Edward Norton retomará o seu papel como Bruce Banner, o que xa fixo no filme de este ano O Incríbel Hulk.

Pola súa banda, Jon Favreau confirmou que probábelmente non rodará ningunha escena en formato IMAX (coma en O Cabaleiro Escuro) porque o heroe é maiormente xerado por computador e dese xeito a alta resolución non é factíbel.

O guionista Justin Theroux xa ten case rematado o primeiro esbozo para o libreto de Iron Man 2 e a pre-produción está tamén lista para escomezar a se sincronizar coa animación, os debuxos, a procura de localizacións e demais. Ademáis, Theroux está a traballar co creador de Samurai Jack, Genndy Tartakovsky, nos deseños do filme.

Favreau engadiu que o argumento do filme terá un vencello co persoaxe do Capitán América: «Hai algunha relación entre o pai de Tony e o que aconteceu na Segunda Guerra Mundial no unievrso da Marvel, e coa organización Shield, así que estamos a tentar meter algúns tubos de conexión para que cando aconteza algo semelle que era inevitábel«.

Iron Man 2 chegará aos cinemas o 7 de maio de 2010, mentres que o filme dos Vingadores ten prevista a súa estrea para o 15 de xullo de 2011.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário