Inicio » Cinema »

Sam Mendes o Predicador

 
Preacher

Preacher

A Sony Pictures e mais a Original Films veñen de se facer cos dereitos da popular série de cómic dos anos 90 Preacher e xa teñen a Sam Mendes (Jarhead, Revolutionary Road) disposto para que sexa o director deste proxecto.

Creado por Garth Ennis e Steve Dillon, o cómic vai sobre un predicador arruinado e posuído por Xénese, unha entidade sobrenatural concebida pola unión antinatural dun anxo e mais un demo.

Dotado de inmensos poderes, o predicador asócia-se cunha antiga moza de seu e mais un vampiro irlandés borracho e adíca-se a percorrer América para atopar a Deus, quen seica abandonou as súas responsabilidades no ceo, e asemade pedirlle contas pola súa neglixéncia.

O proxecto estivo no candeleiro recentemente grazas a un guión de Mark Steven Johnson que dirixiu Howard Deutch nun episódio piloto que pretendía xerar unha série na canle HBO, pero finalmente non se levou a cabo. Antes diso planeára-se unha longametraxe cun orzamento de 25 millóns de dólares e protagonziada por James Marsden.

Neal Moritz será agora o produtor desta nova versión xunto ao seu parceiro Jason Netter.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário