Inicio » Cinema »

Darren Aronofsky fala de RoboCop

 
Darren Aronofsky

Darren Aronofsky

O director Darren Aronofsky, que se encargará do vindeiro remake do clásico Robocop, desvelou nunha recente entrevista algúns detalles do que será o seu proxecto.

«É unha auténtica reinvención«, dixo ao responder aos rumores que apuntaban a que o seu filme podería dalgún xeito ser unha continuación ou unha secuela directa do orixinal de Paul Verhoeven de 1987. «Eu e David Self estamos a traballar no guión. El é un magnífico, magnífico escritor e estamos a tentar facer algo novo e fresco. Xa veremos o que pasa cando chegue o guión«.

Non quixo desvelar que elementos se evitarían do clásico do ciberpunk o se habería espazo para un cameo do Murphy orixinal, o actor Peter Weller: «Son un grande fan do orixinal. Ainda mantén-se coma unha película abraiante, e coido que é mais ollar ese tipo de material no século XXI e ver a onde nos leva«.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário