Inicio » Cinema »

Balagueró e Plaza comezan [REC 2]

 
REC 2

REC 2

Os cineastas Jaume Balagueró e Paco Plaza iniciarán o luns en Barcelona a rodaxe de [REC 2], segunda parte do filme de terror [REC], cuxa trama arrinca unhas horas despois do desenlace da primeira parte, segundo a produtora Filmax.

[REC] sementou un éxito importantísimo de crítica e público con mais de 8 millóns de euros recadados e 1.406.000 espectadores en España, ao que hai que engadir mais de 27 millóns de dólares en todo o mundo.

A primeira parte, que se apresentou ofícialmente no Festival de Venezia, se fixo na última edición dos Goya co prémio á millor montaxe para David Gallart e á millor actriz revelación para Manuela Velasco, e no Festival de Sitges recibiu galardóns á millor dirección, millor actriz, Prémio do Público e Prémio da Crítica.

Para [REC 2], Jaume Balagueró e Paco Plaza rodearon-se dos seus colaboradores habituais e repiten coa equipa de arte (Gemma Fauria), vestiário (Glória Viguer), fotografia (Pablo Rosso), montaxe (David Gallart), són (Xavi Mas e Oriol Tarragó) e efeitos especiais de maquillaxe (David Ambit).

A versión americana de [REC], titulada Cuarentena, estreou-se nos Estados Unidos o pasado 10 de outubro e fai hoxe o seu debut en España.


Se che gustou este artigo, podes comparti-lo!

  • Facebook
  • Twitter
  • Cabozo
  • Chuza!
  • email
  • Engadir a favoritos
  • Meneame
  • MySpace
  • Reddit
  • Tuenti
  • Hyves
 
 
 

0 Comentários

Ti podes ser o primeiro en comentar este artigo!.

 
 

Escribe o teu comentário