Stretch Armstrong serán debuxos animados

0
269

A Netflix vai ampliar os seus contidos para nenos con tres novas séries que se engadirán ao seu catálogo.

A mais salientábel é a de Stretch Armstrong, unha série de debuxos animados baseada no emblemático xoguete da marca Hasbro. A canle producirá 26 episódios protagonizados polo adolescente Jake Armstrong e mais os seus dous amigos, que son expostos accidentalmente a un experimento químico que os converte en Stretch Armstrong e mais os Flex Fighters.

Armados cos poderes que o permiten estirar-se alén do imposíbel, o trío misturará a acción e a comédia nun programa que será o primeiro que produza a nova compañía Hasbro Studios.

Stretch Armstrong é unha figura de acción creada en 1976 pola empresa xogueteira Kenner & Denys Fisher; un boneco coa fasquía dun hombre musculoso e loiro que ten o pdoer de estirar os brazos e as pernas todo o que queira. Hai uns meses houbo un par de intentos de leva-lo á pantalla grande nun filme que ía protagonizar Taylor Lautner.