Clive Owen úne-se ao mundo de Anon

0
239

Clive Owen será o protagonista do thriller psicolóxico de ciéncia-ficción Anon, o vindeiro filme do director de Gattaca, o neocelandés Andrew Niccol.

Owen interpretará a un detective neste filme, ambientado nun mundo sen privacidade, iñoráncia e anonimato, o que sinifica que non existen crimes. Pero cando se atope cunha rapaza que non existe, descubrirá que pode que non sexa o fin do crime, senón o seu comezo.

Agárda-se que o resto do reparto sexa dado a coñecer ao longo das vindeiras semanas. Niccol, Oliver Simon e Daniel Baur serán os produtores. Owen está nestes intres aínda a traballar no filme fantástico e ciéncia-ficción Valerian.