Michael Pitt, o vilán de Ghost In The Shell

878

Michael Pitt será o vilán da vindeira adaptación á pantalla grande da clásica série de manga de ciéncia-ficción Ghost in the Shell pola DreamWorks.

Scarlett Johansson interpreta a un ciborg de operacións especiais nunha forza de elite chamada Sección 9 que trata cos criminais e estremistas mais perigosos. Jonathan Herman é o autor do guión.

Pitt fará o papel do Home Que Rí, un home amargado e vingativo cun corpo que é en parte robótico. Ten un senso moi peculiar do estilo e foi descrito coma un tipo malo visto a través dos ollos dun artista da rúa.

Rupert Sanders será o director do proxecto, do que tamén forman parte Pilou Asbaek e ten previsto comezar a rodaxe a finais de febreiro en Nova Celándia.