O crossover de Supergirl e Flash xa é oficial

0
235

Xa é oficial, os produtores Greg Berlanti (da canle The CW) e Andrew Kreisberg (CBS) veñen de confirmar que The Flash e Supergirl terán un crossover.

O protagonista de The Flash, Grant Gustin, aparecerá coma Barry Allen nun vindeiro episódio de Supergirl que se emitirá o 28 de marzo. Polo de agora non se coñecen mais detalles do argumento.

O crossover será nunha soa dirección polo de agora (ou sexa, non haberá Supergirl dentro de Flash) e será explicado grazas ás habilidades do superheroe mais rápido do mundo para cruzar dimensións, todo elo en liña co actual arco argumental da série, na que Flash está a loitar en Terra 2 contra o superfalcatruán Zoom.