Os catro Londres máxicos chimpan á pantalla

0
227

A G-BASE Productions ven de se facer cos dereitos para o cinema e a televisión sobre a novela de fantasía A Darker Shade Of Magic de V.E. Schwab e planea converte-la nunha série limitada.

O libro está ambientado en catro mundos paralelos, con catro Londres governados por diferentes poderes máxicos e monarquías: o Londres Gris, onde a xente coida que a máxia é un mito, o Vermello, onde a máxia prospera, o Branco, onde a máxia só é usada polos governantes, e o Londres Negro, onde a máxia corrompeu ao mundo máis aló de calquera posíbel reparación.

Gerard Butler, Alan Siegel e Danielle Robinson serán os produtores e Schwab escribirá un episódio piloto.