Rupert Wyatt dirixe o novo Exorcista

0
252

O director de Rise of the Planet of the Apes, Rupert Wyatt, será o encargado do episódio piloto de The Exorcist, a nova série de televisión da canle Fox que adaptará á pequena pantalla a terrorífica novela homónima de Willam Peter Blatty.

O mesmo có libro e mais a famosa película dirixida por William Friedkin, a história irá esta vez sobre dous homes que deben enfrontar-se a un caso de posesión diabólica no seo dunha família. Esta nova entrega estará ambientada nos nosos tempos.

Jeremy Slater (Fantastic Four) escribiu o guión. Wyatt será o produtor executivo xunto a Slater, James Robinson, David Robinson e Barbara Wall.