Queren a DuVernay para “A Wrinkle In Time”

0
301

A directora de Selma, Ava DuVernay, é nestes intres a principal candidata para se encargar de levar ao cinema unha das novelas de ciéncia-ficción mais difíciles de versionar de todos os tempos: o clásico de 1963 de Madeleine L’Engle A Wrinkle in Time para a Disney Pictures.

Segundo destaca a revista Deadline DuVernay podería non só encargar-se desta longametraxe, senón ademais do thriller de ciéncia-ficción Intelligent Life, para a Amblin Entertainment.

A Wrinkle in Time vai sobre as aventuras da adolescente Meg Murray, o seu xenial irmán de cinco anos e mais un compañeiro de clase embarcados na procura de seu pai, un científico que traballa para o Governo. Na busca atoparán unha gran forza sinistra que está a devorar o universo e un planeta baixo o control dun cerebro sen corpo chamado IT.

A codirectora de Frozen Jennifer Lee escribiu a versión mais recente do guión que adapta a novela, e co que se pretende enfatizar o poderoso persoaxe feminino principal. O libro é un clásico da Literatura americana e unha leitura habitual para os nenos nas escolas.

Pola súa banda, Intelligent Life conta cun guión do dúo responsábel de Jurassic World: Colin Trevorrow e Derek Connolly, e vai sobre un empregado das Nacións Unidas que traballa nun departamento creado para o posíbel caso de contacto con seres alieníxenas. Xunto a el traballa unha rapaza que resulta ser extra-terrestre.