Tony Shalhoub protagonizará BrainDead

0
254

Tony Shalhoub será o coprotagonista xunto a Mary Elizabeth Winstead, Aaron Tveit e Danny Pino do vindeiro thriller cómico da canle CBS, a série BrainDead.

Ambientada no mundo da política en Washington D.C. Winstead fai o papel dun empregado que descubre dúas cousas: o Governo xa non está funcionando, e os áliens chegaron á Terra e devoraron os cerebros de case todos os congresistas e membros dos seus equipos.

Shalhoub será Red Wheatus, un senador republicano bébedo e troulán que leva décadas en Washington facendo acordos. Pero unha radical transformación convérte-o nun estremista comprometido que prefire destruir o governo antes que chegar a compromisos.

A série estreará-se este verán e ven da man dos creadores de The Good Wife, Robert e Michelle King. Ambos os dous, xunto a Ridley Scott, David W. Zucker, Brooke Kennedy e Liz Glotzer serán os produtores executivos.