A secuela de Deadpool xa está en marcha

0
253

Esta fin de semana estréa-se o filme da 20th Century Fox Deadpool con grandes expectativas, se cadra mesmo de chegar a superar algún récord (xa se fala de cifras por riba dos 130 millóns de dólares de recadación aproveitando o luns festivo polo aniversário de George Washington) e ainda que as primeiras críticas non son totalmente favorábeis, seica o público está mais ca decidido a ver ao antiheroe na pantalla.

Conscientes diso, os estudos xa están a traballar nunha secuela cos guionistas da primeira entrega, Rhett Reese e Paul Wernick, de novo a bordo. Nombergantes, polo de agora o director Tim Miller non asinou o seu contrato para esta continuación, que xa recebiu o visto bó da Fox.