A Syfy encarga un Prototipo

0
318

A Syfy ven de encargar a produción dun episódio piloto para unha nova série de ciéncia-ficción, un thriller titulado Prototype orixinal do guionista inglés Tony Basgallop (24: Live Another Day).

A história vai sobre tres compañeiros que sen se decataren tropezan cunha invención que desafía a mesma natureza da física cuántica, un descobremento que porá as súas vidas en sério perigo.

O nominado ao Oscar Juan Carlos Fresnadillo dirixirá este episódio piloto e será o produtor executivo xunto a Basgallop e a Taylor Latham.