O regreso de Roger Corman

0
270

A Universal Pictures Home Entertainment ven de anunciar que o lendário rei do cinema de série B, Roger Corman, está de volta e producirá Death Race 2050, un filme que ten previsto comezar a se rodar este mesmo mes en Perú.

A longametraxe é un relanzamento do filme Death Race 2000, orixinal de 1975 e protagonizado por David Carradine e Sylvester Stallone, e vai sobre un grupo de gladiadores a bordo dos seus automóbiles que gañan puntos por matar peóns e a outros condutores.

O novo filme está protagonizado por Manu Bennett no papel de Frankenstein e Malcolm McDowell coma o Presidente, e conta ademáis no reparto con Burt Grinstead, Marci Miller, Folake Olowofoyeku, Anessa Ramsey, Yancy Butler e Charlie Farrell.

G.J. Echternkamp (Hard Candy) dirixe a partir dun guión que el mesmo escribiu xunto a Matt Yamashita. A película non pasará polas salas de cinema e chegará directamente ao mercado de Blu-ray, DVD e Digital HD ao longo deste 2016.