O Xorobado vólve-se steampunk

0
220

A Thunderbird, a Sandpiper Entertainment e mais a ScreenWest están a desenvolver Modo, un filme que adaptará á pantalla grande The Hunchback Assignments, unha novela steampunk para nenos orixinal de Arthur Slade.

A história narrada na novela, que é a primeira dunha série, vai sobre un neno xorobado arrincado dun espectáculo de monstros e criado en aillamento coma axente da Asociación Permanente, unha axéncia de espionaxe para Británia nos seus esforzos para supervisar o seu império.

Aos catorce anos, o neno Modo é arroxado ás rúas de Londres e xunto con outra axente da asociación descobre un plan do Grémio de Reloxeiros tras dos asasinatos de persoalidades salientábeis.

Paul Barron (Serangoon Road) e Alex Raffe (I’ve Heard the Mermaids Singing) serán os produtores.