Death Note, só para maiores

0
307

O produtor Roy Lee ven de confirmar que a adaptación americana dirixida por Adam Wingard do popular manga de Tsugumi Ohba e Takeshi Obata Death Note non será descafeinada.

É definitivamente para adultos. Non hai ningunha posibilidade de que sexa para menores de 18 anos“, dixo nunha entrevista na que confirmou que ainda que o filme aínda non recebiu a aprobación dos estudos nestes intres, a rodaxe está prevista para comezar a finais deste ano.

A história vai sobre un rapaz, un estudante de instituto, que descobre unha libreta sobrenatural abandoada na Terra por un deus da morte. O rapaz tentará crear e governar un mundo limpo do mal usando a libreta, contra os esforzos dun detective por dete-lo.

A libreta ten o poder de matar a calquera persoa cuxo nome sexa escrito nela mentres imaxina a súa face. Lee engadiu que “será unha das primeiras adaptacións dun manga que sexa moi realista pero que ainda así conteña elementos fantásticos“.