Star Wars incluirá persoaxes LGBT

1305

O universo da Guerra das Galáxias continuará abréndo-se en diversidade grazas a J.J. Abrams, quen esta semana no decurso da entrega dos prémios Oscar Wilde á súa produtora Bad Robot Productions, confirmou que nas vindeiras entregas da saga haberá espazo para persoaxes LGBT.

O filme Star Wars: The Force Awakens xa tiña coma protagonistas a unha muller e mais a un home negro, e Abrams dixo que hai plans para incluir persoaxes doutras orientacións sexuais e definicións de xénero:

Cando falo de inclusión non exclúo perosaxes gais. Isto vai de integración. Así que por suposto. Para min, a diversión en Star Wars é a glória da posibilidade. Así que semella incríbelmente de mente estreita e contraintuitivo dicir que non habería un persoaxe homosexual nese mundo“.

A franquía xa ofreceu o primeiro persoaxe LGBT que é parte do canon oficial con Moff Mors, unha líder do Império lesbiana na novela de Paul Kemp Lords of the Sith. Nombergantes, un persoaxe secundário dunha novela está a anos luz de ter visibilidade na pantalla.

Os fans xa se adiantaron e consideran que podería haber algo mais ca amizade entre o persoaxe Finn interpretado por John Boyega e mais Poe Dameron (Oscar Isaac), ainda que Finn nas novelas xa se indicou que está interesado en Rey. A sexualidade de Poe pola súa banda non foi obxecto de debate en The Force Awakens.