As irmás Soska, no remake de Rabid

0
324

As irmás Jen e Sylvia Soska (American Mary, See No Evil 2) serán as encargadas de facer un remake do filme de zombis Rabid, que dirixiu o canadiano David Cronenberg en 1977 para a Somerville House Releasing.

No filme orixinal, a estrela do porno Marilyn Chambers interpretaba o papel protagonista, o dunha muller ferida nun accidente de moto que é sometida a cirurxía plástica experimental e desenvolve un aguillón que usa para se alimentar do sangue doutras persoas, comezando asemade unha vaga de raiba que converte ás vítimas en zombis sedentos de sangue.

A película foi unha das primeiras dirixidas por Cronenberg, antes de que se decidi-se (e tivese os médios) a rodar filmes de terror de maior calidade coma Scanners, The Brood, Videodrome e The Fly.

John Vidette, Paul Lalonde e Michael Walker serán os produtores. A rodaxe comezará este verán en Canadá.