Geena Davis contra o demo no Exorcista

0
217

Geena Davis ven de se facer cun papel protagonista no episódio piloto da nova série da Fox que relanzará a saga de O Exorcista.

O novo thriller será unha versión actualizada do clásico libro de terror de 1971 escrito por William Blatty e no que se falará de dous homes moi distintos (Alfonso Herrera, Ben Daniels) que deben enfrontar-se conxuntamente ao demo que posuiu a unha nena no seo dunha família.

Davis interpretará a Angela Rance, unha muller orgullosa pero sometida polo estrés e que fai todo o que pode para ficar positiva mesmo ainda que a súa família está a loitar e a sofir o pesadelo dun demo. Brianne Howey, Hannah Kasulka e Kurt Egyiawan son os coprotagonistas.

Jeremy Slater (Fantastic Four) escribiu o guión e será o produtor executivo da série xunto a Rupert Wyatt (Rise of the Planet of the Apes) quen dirixirá o piloto.