Robin Wright úne-se ao novo Blade Runner

0
289

A protagonista da série da Netflix House of Cards, Robin Wright, está moi preto de pechar o acordo para se unir a Ryan Gosling e Harrison Ford na secuela de Blade Runner, o clásico da ciéncia ficción de 1982 dirixido por Ridley Scott na Alcon Entertainment.

Ambientado várias décadas despois do filme orixinal, Ford repite neste filme o seu emblemático papel coma Rick Deckard. Os detalles do argumento polo de agora, incluíndo os do persoaxe que interpretaría Wright, están baixo segredo. Hampton Fancher e Michael Green coescribiron o guión.

Broderick Johnson, Cynthia Sikes Yorkin, Bud Yorkin e Andrew Kosove serán os produtores deste filme, que conta coa dirección de Denis Villeneuve (Sicario) e que comezará a se rodar en xullo coa vista posta nunha estrea que non será até 2017.