Freeform adapta Capa e Puñal

0
272

Freeform, a canle anteriormente coñecida coma ABC Family, ven de lle dar a luz verde a Marvel’s Cloak and Dagger, unha nova série que levará aos heroes da Marvel Comics á pequena pantalla, nunha adaptación dirixida ao público adolescente.

A história de amor entre unha rapaza branca e un rapaz negro está protagonizada por dous adolescentes namorados, Tandy Bowen e Tyrone Johnson, provintes de dous estratos sociais moi diferentes pero unidos por uns superpoderes que os converten en superheroes.

Ela pode emitir dagas de luz e el ten o poder de envolver a outros na escuridade que se agocha baixo a súa capa. Axiña decatarán-se de que xuntos están millor ca separados, pero os sentimentos do un polo outro fan que todo sexa mais complicado.

Polo de agora non se coñece quen será o guionista da série, pero a procura xa comezou.

Por outra banda, a canle deu a coñecer asemade que se fixo cos dereitos para producir un relanzamento da série inglesa Misfits.