Affleck confirma que dirixirá o novo filme de Batman

0
219

A Warner Bros. Pictures confirmou oficialmente que producirá un filme con Batman como estrela solitária e que Ben Affleck será o protagonista e director.

O anúncio fíxose público no decurso dunha mesa redonda na recente CinemaCon en Las Vegas. O CEO da Warners, Kevin Tsujihara, dixo que “estamos emocionados de traballar con Ben Affleck nun filme autoconclusivo” e mis tarde deixou claro que Affleck será asemade o director.

Affleck e mais Geoff Johns están a traballar nun guión do que segundo se rumorea podería haber xa un primeiro esbozo sobre a mesa dos directivos. Para os vindeiros cinco anos están previstas dez películas baseadas nos persoaxes da DC Comics, comezando co primeiro, Justice League, que comezou a se rodar a pasada semana en Londres.

A Warners deixou pendente de confirmación as datas do 5 de outubro de 2018 e 1 de novembro de 2019 coma posíbeis estreas para filmes da Marvel, e agora un deles será probábelmente o novo filme de Batman.