John Krasinski úne-se á Partícula de Deus

0
188

O actor da série The Office John Krasinski podería converter-se axiña xunto a David Oyelowo e Gugu Mbatha-Raw no protagonista de God Particle, o novo thriller de ciéncia-ficción dirixido por J.J. Abrams para a Bad Robot.

Julius Onah será o director deste proxecto que leva moito tempo en desenvolvemento e que ten lugar nun futuro próximo. Está centrado nunha equipa de astronautas que fan un terríbel descobremento que desafía todo o que sabemos sobre o tecido da realidade.

Krasinski interpretaría a un dos astronautas que loitan desesperadamente por sobreviviren. A rodaxe en todo caso comezará nos vindeiros meses e ten prevista a estrea para o 24 de febreiro de 2017.