Alden Ehrenreich, candidato a Han Solo

0
141

Alden EhrenreichAlden Ehrenreich é nestes intres o principal candidato para interpretar ao xoven Han Solo no vindeiro filme da saga da Guerra das Galáxias que terá coma protagonista ao emblemático cazarrecompensas. Seica o actor, de 26 anos, impresionou aos responsábeis de cásting e superou a Taron Egerton e Jack Reynor. Phil Lord e Chris Miller (The LEGO Movie) dirixirán este filme, que se estreará en 2018 e estará ambientado pouco tempo antes de que Han se unise á Alianza Rebelde.