Willem Dafoe entra na Liga da Xustiza

0
241

Após de interpretar ao Trasno Verde hai mais de dez anos nos filmes de Spiderman producidos pola Sony, a Willem Dafoe chegou-lle a oportunidade de se pasar ao outro bando no mundo dos cómics e chimpar a bordo do vindeiro filme de Zack Snyder, o Justice League: Part One na Warner Bros. Pictures.

O filme contemplará a xuntanza dos maiores heroes da DC Comics, aos que xa puidemos ver ao longo dos últimos meses, ben xuntos (en Batman v Superman: Dawn of Justice) ou por separado: a Batman (Ben Affleck), Superman (Henry Cavill) e Wonder Woman (Gal Gadot) unirán-se-lles Aquaman (Jason Momoa), Flash (Ezra Miller) e mais Cyborg (Ray Fisher) para loitaren xuntos contra unha terríbel ameaza galáctica.

Chris Terrio escribiu o guión de Justice League, que finalmente contará con dúas partes, a primeira a estrear en novembro do ano que ven e a segunda en xuño de 2019. Nela, Dafoe interpretará a un tipo bó nun papel ainda non desvelado pero que terá continuidade ao longo das dúas entregas.

Entre os fans hai certa decepción porque o Flash da série de televisión (Grant Gustin) é sustituído por Miller, nunha decisión que non gustou a case ninguén. E ademais, o comisário Gordon da tele (Ben McKenzie) tampouco aparecerá. No seu papel veremos a J.K. Simmons, ainda que nesta ocasión o troco semella mais xustificado pola idade.

Charles Roven, Snyder e Deborah Snyder serán os produtores.