James Coyne escribe Sherlock Holmes 3

0
186

James Coyne (Puncture Wounds, Vikingdom) ven de ser contratado para escribir o guión da terceira entrega da saga de aventuras e acción de Sherlock Holmes que dirixe Guy Ritchie e protagoniza Robert Downey Jr.

Segundo as últimas novas das que dispoñíamos, o guionista de Iron Man 3 Drew Pearce ía escribir o libreto do filme, así que polo de agora non se sabe se o seu traballo será totalmente remodelado ou se o encargo de Coyne é só o de pulir o resultado final.

O que si está claro é que Robert Downey Jr. e mais Jude Law repetirán os seus papeis de Holmes e Watson. Downey suxeriu hai un par de semanas que a rodaxe podería dar comezo a finais deste ano, pero polo de agora os estudos non confirmaron esa posibilidade.