Alicia Vikander é a nova Lara Croft

0
218

A actriz de Ex Machina e The Danish Girl Alicia Vikander ven de se facer cun dos papeis mais cobizados nestes intres en Hollywood e interpretará a Lara Croft no vindeiro relanzamento da saga da heroína de Tomb Raider, unha franquía nas mans da MGM, a GK Films e mais a Warner Bros. Pictures.

A outra candidata para o papel era a protagonista de Star Wars: The Force Awakens, Daisy Ridley, e ainda que Vikander xa era a favorita para os produtores, todo estaba pendente dunha oferta final e do novo boceto de guión que debía entregar-se aos estudos.

O director noruegués Roar Uthaug será o máximo responsábel deste filme, que seica irá mais na liña do descarnado relanzamento da série de videoxogos de 2011 e terá a unha Lara Croft mais nova e inexperta, antes de se converter na saqueadora de tumbas mais famosa do mundo. Graham King será o produtor.

Angelina Jolie fixo o papel da arqueóloga inglesa nas dúas anteriores entregas de 2001 e 2003. Vikander pola súa banda ten ainda pendentes de estrea nada menos ca tres filmes este mesmo ano: Tulip Fever, Jason Bourne e The Oceans Between Us.