A precuela de The Omen, xa en marcha

0
209

O director de cinema independente neoiorquino Antonio Campos (Simon Killer) está a negociar a súa incorporación ao proxecto dunha precuela do famoso thriller de terror sobrenatural The Omen na 20th Century Fox.

O filme orixinal, que dirixiu Richard Donner en 1976, estaba protagonizado por Gregory Peck no papel dun embaixador que chega a crér que o seu fill ode cinco anos é a reencarnación vivinte do Anticristo.

A precuela, que leva por título The First Omen, conta cun guión de Ben Jacoby, pero polo de agora os detalles sobre op argumento non se deron a coñecer. En todo caso, será a primeira precuela nesta franquía que polo de agora produciu tres películas, un remake e mais unha série de televisión actualmente en antena.

David Goyer e Kevin Turen producirán o filme a través da súa compañía Phantom Four.