O apocalipse dos monstros

0
230

Entre a Warner Bros. Pictures, a DreamWorks e mais a Sony desatou-se unha guerra de poxas por ven que sen fai cos dereitos sobre un xogo de mesa chamado Monsterpocalypse e para o que se está a preparar unha película de ciéncia-ficción.

Polo de agora o director do remake de Evil Dead, o uruguáio Fede Álvarez, está vencellado a este proxecto, que el mesmo dirixirá e que escribiu xunto a Rodo Sayagues. A história vai mais ou menos sobre o mesmo có xogo, no que humáns con traxes de robot loitan contra monstros.

En 2010 xa se falara dunha adaptación ao cinema, daquela baixo a batuta de Tim Burton, pero o proxecto aparcou-se porque Guillermo del Toro fixo Pacific Rim, un filme de características moi semellantes.

Agora o proxecto tomou novo impulso grazas a unha versión que se comenta que será moi diferente de Pacific Rim, mália que o concept ode fondo sega a ser o mesmo. Mesmo se fala dun cuarto estudo tamén en cntenda polos dereitos e que podería lanzar unha nova oferta nos vindeiros días.

Álvarez deu-se a coñecer no mundo do cinema precisamente grazas a unha curtametraxe, titulada Panic Attack! e na que os protagonistas eran robots xigantes que atacaban a cidade de Montevideo.