A Netflix e mais o Castigador

0
231

A Netflix ven de anunciar oficialmente que haberá un spin-off da súa série Daredevil protagonizada polo persoaxe de Punisher, interpretado por Jon Bernthal no papel do asasino Frank Castle.

O certo é que mesmo antes de que Bernthal (a quen coñeciamos anteriormente por The Walking Dead) fixese o seu debut na segunda tempada de Daredevil, os rumores xa apuntaban a que podería facer-se cunha série de seu. Finalmente a Netflix decediu “probar” ao persoaxe cunha história entretecida dentro da de Daredevil, e o resultado por excepcional.

O produtor executivo de Hannibal, Steve Lightfoot, será o showrunner, guionista e produtor executivo da nova série.

Marvel’s The Punisher será asemade a sexta série na que colaboren a Netflix e mais a Marvel, despois dos éxitos de Daredevil e Jessica Jones, que se suman ás mini-séries aínda pendentes de estrea Luke Cage, Iron Fist e The Defenders.