A Emperatriz de Mark Millar

0
186

O autor de Kingsman e Kick-Ass, Mark Millar, vai-se asociar cos produtores Joe Roth e Jeff Kirschenbaum para levar ao cinema unha adaptación do seu cómic Empress.

Miller e mais Stuart Immonen co-crearon este cómic sobre a muller dun ditador galáctico ao xeito de Ming o Despiadado que toma a decisión de abandoar ao seu malvado marido e levar-se aos seus tres fillos con ela.

Coa axuda dun gardacostas, escapa cos seus rapaces ao seu mundo natal. Pero o seu home, o ditador galáctico, conta con exércitos á súa disposición e non vai deixa-la marchar sen loitar.

F. Scott Frazier (xXx: The Return of Xander Cage) foi contratado para escribir o guión. Millar ten pendentes de desenvolvemento moitos outros proxectos nestes intres, e entre eles están Supercrooks, American Jesus, Huck, Chrononauts e Starlight.