Seth MacFarlane nunha série de ciéncia-ficción

0
196

A Fox ven de encargar a produción dunha nova série de ciéncia-ficción de 13 episódios dunha hora de duración, aínda sen título oficial, pero que conta co aval de vir da man do creador de Family Guy e Ted, Seth MacFarlane.

MacFarlane será o protagonista, creador e produtor executivo do programa, ambientado tres séculos no futuro a bordo da Orville, unha nave de exploración da flota estelar da Terra. Enfrontándo-se a desafíos cósmicos internos e externos, a heteroxénea tripulación de exploradores espaciais irá “con afouteza aló onde ningunha comédia de televisión chegou antes”.

MacFarlane produciu a série documental da Fox Cosmos, gañadora dun prémio Emmy, e é un recoñecido grande fan de Star Trek, o que o levou a organizar unha mesa redonda cos guionistas de Star Trek: The Next Generation que foi incluída na versión en Blu-ray de Cosmos.

A nova série ten previsto chegar á tele durante a tempoada 2017-18 escomezando cun episódio piloto, escrito polo mesmo MacFarlane, e que se rodará a finais deste ano.