Simon West dirixe Lobo de Guerra

0
187

O veterán director de acción Simon West (Con Air, The Mechanic) ven de ser contratado para se encargar do filme histórico e sobrenatural War Wolf para a Fortitude International e mais a Amber Entertainment.

Ambientado en 1356, após de décadas de guerra interminábel entre os exércitos frnacés e inglés, un soldado inglés é recompensado co castelo do seu inimigo, un asasino francés. Pero nos muros e nas terras que o rodean, alguén despertou ao “Loup de Guerre”, unha creatura de pesadelo que comeza unha vaga de crimes.

West dirixirá a partir dun guión escrito por Andy Briggs e Paul Finch no que se presupón será a primeira entrega dunha nova franquía. Ileen Maisel, Lawrence Elman e Jib Polhemus serán os produtores e a rodaxe dará comezo en novembro en Itália.