O regreso de Entrevista co Vampiro

0
246

Hai case dous anos, a Universal Pictures e mais a Imagine Entertainment fixéran-se cos dereitos da saga de libros de Anne Rice Vampire Chronicles.

Daquela, o director de The Fault in Our Stars Josh Boone estaba vencellado ao proxecto coma guionista e director para facer un filme que ía combinar o segundo e mais o terceiro libro da saga, The Vampire Lestat e The Queen of the Damned, o mesmo que se fixera co filme de 2002 Queen of the Damned.

Pero esta semana Boone revelou que non será así. En troques, el e mais Jill Killington (All We Had) escribiron un novo guión que adapta a história orixinal da série (Interview With the Vampire) que xa foi levada ao cinema en 1994 protagonizada por Tom Cruise e Brad Pitt.

Brian Grazer, Alex Kurtzman e Roberto Orci serán os produtores. Boone ten ademais alomenos outros dous proxectos fantásticos na súa axenda: a dirección dun filme cos Novos Mutantes e várias adaptacións de obras de Stephen King.